As últimas novas de AMABUL…
COMPOSTAR
Presentamos o proxecto COMPOSTAR, pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+24 financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos capacitar á poboación da provincia da Coruña arredor da xestión responsable dos biorresiduos.
Os Concellos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, a realización gratuíta dun dos dez ciclos …
XORNADA ERRADICADESCANTIA 16 DE MARZO 2024
Retomamos o Proxecto para a erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.
Este proxecto pretende liberar o sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) poidan desfrutar do …
ESCOLA AMBIENTAL AMABUL MARZO 2024
Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de marzo: Fauna en acción.
Nesta xornada exploraremos o comportamento dos animais a través de técnicas teatrais de improvisación, centrándonos nos rituais de apareamento de especies que forman parte da natureza de Galicia.
Acompáñanos mentres aprendemos e nos divertimos representando os seus …
20 ANOS DE AMABUL
CONVIDÁMOSTE Á CELEBRACIÓN DOS 20 ANOS DE HISTORIA DE AMABUL!
O vindeiro 24 de febreiro teremos un programa especial de actividades para conmemorar as dúas décadas de traxectoria.
Ademais, con motivo deste vixésimo aniversario, entregaremos un detalle especial a todas as persoas asociadas, que son parte fundamental da historia da asociación.
DATA …
Que é AMABUL?
AMABUL é unha organización sen ánimo de lucro que loita por pór en valor o acervo ambiental da comarca natural do Ulla. Procura unha ética ecolóxica entre as súas xentes, tentando ser referente na educación ambiental das mesmas.
Coñece a historia de AMABUL